Arranxos de J. Durán na 6ª edición de "No bico un cantar"

Arranxos de J. Durán na 6ª edición de "No bico un cantar"

Xuño de 2018 - Juan Duran compositor

500 nenos e nenas dos conservatorios de música profesional de Galicia cantarán alalás en Betanzos o vindeiro 1 de xuño. As nenas e nenos que participan na actividade pertencen aos Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Tamén participa o quinteto de metais Hércules Brass que interpretará arranxos de Juan Durán sobre o Alalá de Camariñas, Alalá de Muxía e o Alalá das Mariñas.

http://consellodacultura.gal/no-bico-un-cantar/2018/



Volver al listado