Conferencia de J. Durán no Ateneo de Santiago de Compostela

Conferencia de J. Durán no Ateneo de Santiago de Compostela

Xuño de 2019 - Juan Duran compositor

O luns 3 de xuño ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Sinfonismo galego dos séculos XX e XXI”, que estará impartida por Juan Durán, Compositor, Premio Reina Sofía de Composición.

O compositor Juan Durán fará un breve percorrido, ilustrando a súa conferencia con exemplos musicais, pola música sinfónica galega dos séculos XX e XXI. Obras e autores non moi coñecidos do público pero esenciais para entender a nosa historia musical.

http://www.ateneodesantiago.com/?p=14332



Volver al listado