J. Durán; Presentación do CD "No vento" na EMAO de Vigo o día 15 de abril

J. Durán; Presentación do CD "No vento" na EMAO de Vigo o día 15 de abril

Abril de 2016 - Juan Duran compositor

https://vimeo.com/162450229/34a80da609

FICHA TÉCNICA

Título: No vento

Intérprete: Zoar

Selo: Discos Ouvirmos

 

No vento, escolma de pezas que percorren varios séculos de música galega. Unha persoal playlist, unha proposta de intencións musicais para o ouvinte que é, á vez, tamén memoria colectiva dun tempo pasado que perdura e que é porvir.

Unha visión da Galicia universal e evocadora, a través da sonoridade do quinteto de vento clásico, tan cheo de suxestións tímbricas coma de percepcións sinestésicas. Deste xeito, No vento ten o aire dos aulos do pasado pero tamén ten cores e ten paisaxes.

Dende Martín Codax a Milladoiro, dende a música popular aos grandes compositores do Rexurdimento. Velaí esta poética musical de Zoar no vento, que vai conformando, ao longo destas dezasete pezas, a banda sonora dun pobo. 

Tracklist

  1. Alborada
  2. Camariñas
  3. Unha noite na eira do trigo
  4. María Soliña
  5. Quen puidera namorala
  6. Negra Sombra
  7. Tecendo liño
  8. Arrolín, arrolán
  9. Ondas do mar de Vigo
  10. Prende, salgueiriño
  11. Anduriña
  12. Mayo longo
  13. A bruxa
  14. Alalá das Mariñas
  15. Paxaro que vas voando
  16. Santa María, Strela do día
  17. Rosa de Abril



Volver al listado