Estreno de "Ferrol 1972" de Juan Durán

Febrero de 2022 Juan Duran compositor

Estreno de "Ferrol 1972" de Juan Durán

"Ferrol 1972" Obra encargo da Asociación Fuco Buxán de Ferrol, Celebrando o 50 Aniversario do 10 de Marzo de 1972 "Día da Clase Obreira Galega".

  • Hércules Brass, quinteto de metais.
  • Gabriel López Rodríguez, piano.
  • Miguel Castro Pérez, Jorge Juan Deaño Núñez e María Isabel Diego Calviño, percusión.

Auditorio de Ferrol, 12/02/2022. 20.30 h.

Ferrol 1972 é unha composición musical, escrita por Juan Durán, para un conxunto integrado por un quinteto de vento metal, un piano e tres percusionistas.

De dez minutos de duración, a obra foi o resultado dun encargo feito ao autor por Rafael Pillado, en representación da Asociación Cultural Fuco Buxán do Ferrol, co fin de ser estreada co gallo do cincuenta aniversario dos sucesos vividos en Ferrol o 10 de marzo de 1972, que deron lugar ao que se coñece como o Día da Clase Obreira Galega.

A obra trata, fundamentalmente, de evocar, de debuxar musicalmente a banda sonora duns feitos que están na memoria do país: á loita do movemento obreiro que tivo ese 10 de marzo de 1972 unha triste xornada para o recordo coa morte de dous obreiros da Bazán. Xa que logo, o compositor explora distintas sonoridades que van dende o elexíaco ata texturas agresivas de gran poderío rítmico, como unha alegoría do grito colectivo da manifestación cívica. Non hai pois complacencia no carácter musical da peza, aínda que subxace en determinados momentos unha certa actitude épica e triunfal diante do que significou ese día para o establecemento das liberdades e da democracia en España.

Os dereitos de Ferrol 1972 van cedidos á devandita Asociación Cultural Fuco Buxán, polo que o compositor doa a obra sen nengún tipo de ánimo de lucro.