Francisco Pardo, Borja Mariño
Baixei ao teu amor e foi un pozo:
escuridade moita e mais misterio,
alxube de terror e cautiverio,
pero eu vinte de luz e tiven gozo.
Todo estaba de estrea, todo mozo,
non sabía da dor nin do cauterio,
oía só o son do teu salterio
e brincabame o sangue co alborozo.
Canta lúa afogada na soidade
noteu rostro negado de cotío!
Nunca souben quen eras en verdade.
Canta noite perdida, canto frío,
coidando ser feliz nesa cidade
que fundaches por min no desvarío!