Ciclo de POESÍA FIMININA, con música de J. Durán, con Nuria Lorenzo e Alejo Amoedo

Mayo de 2021 Juan Durán

Ciclo de POESÍA FIMININA, con música de J. Durán, con Nuria Lorenzo e Alejo Amoedo

Proxecto de concertos para voz e piano con cancións de Juan Durán sobre poesía feminina: Alfonsa da Torre, Julia  Uceda, Marica Campo, Gabriela Mistral, Alfonsina  Storni e Rosalía de Castro. É unha selección de poesía en feminino para ser cantada por unha voz de muller, neste caso a soprano galega Nuria Lorenzo, Catedrática de canto no Conservatorio Superior de Córdoba. Estará acompañada ao piano por Alejo Amoedo, Catedrático de Repertorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo e membro do Consello da Cultura Galega.

30 de abril: Salón da Real Academia Galega de Belas Artes.

8 de maio: Auditorio do Concello de Nigrán.

21 de maio: Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.