Estrea da Suite para Fagot e Piano de J. Durán

Noviembre de 2015 Juan Durán

Estrea da Suite para Fagot e Piano de J. Durán

O próximo día 12 de novembro, ás 19.30 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña, terá lugar a estrea da Suite para Fagot e Piano de Juan Durán, no marco do ciclo de música actual que organiza a Fundación SGAE e a Asociación Galega de Compositores. Os intérpretes serán Alex Salgueiro, fagot (membro da Orquestra Sinfónica de Galicia) e Gabriel López Rodríguez, piano (profesor do Conservatorio de Música da Coruña). A entrada é libre.

 https://www.facebook.com/events/438117509730766/