J. Durán fala na Casa da Cultura de Redondela sobre Marcial del Adalid

Octubre de 2019 Juan Durán

J. Durán fala na Casa da Cultura de Redondela sobre Marcial del Adalid

O ciclo de piano de Redondela está pensado de xeito distinto aos que se fan nos arredores. Este é un programa dedicado a grandes compositores da música galega, non sempre coñecidos nin debidamente recoñecidos polo público de Galicia. Por iso queremos dende Redondela que cada edición do ciclo de piano estea centrada en músicos de relevancia para a historia musical do noso pobo, que favorezan a súa divulgación (biográfica e musical) entre o público.

Neste sentido, a figura que inaugura esta primeira edición é Marcial del Adalid, un dos pioneiros na introdución do romanticismo musical en Galicia e no resto de España. Ademais, Adalid amosou un claro compromiso coa música tradicional galega e coas cantigas populares, como se observa en Cantares viejos y nuevos de Galicia (1877), que inclúe a musicalización de textos en lingua galega da súa compañeira, Fanny Garrido.

Ao día seguinte, venres 4 de outubro ás 19:30, Juan Durán impartirá unha conferencia na Casa da Cultura co título "Marcial del Adalid. O iniciado do sinfonismo galego". Juan Durán é premio da Cultura Galega, 2013; premio Reina Sofía de composición 2018; compositor con obras en galego interpretadas en todo o mundo; e un dos responsables da reconstrución e edición da ópera de Marcial del Adalid "Inés e Bianca".

 https://www.melomanodigital.com/el-concello-de-redondela-pontevedra-organiza-su-primer-ciclo-de-piano/