Longa noite de pedra (canto e violoncello)

  • Información
  • Multimedia

INFORMACIÓN

Ano
2012
Orgánico
Voz e violoncello
Data de Estrea
2012-07-16
Intérpretes

Antón de Santiago (barítono) e Rosalía Vázquez (Violoncello).

Lugar
Auditorio Ilduara de Celanova (Ourense).
Evento
Conmemoración centenario de Celso Emilio Ferreiro
Autor
Celso Emilio Ferreiro
Texto

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.