Música de J. Durán no Festival Música Sur de Motril

Septiembre de 2019 Juan Durán

Música de J. Durán no Festival Música Sur de Motril

O 25 de setembro terá lugar no Festival Música Sur de Motril, un concerto de voz e piano, a cargo do barítono Javier Povedano, acompañado ao piano por Juan Carlos Garbayo. Interpretarán catro cancións de Juan Durán con textos de Antonio Carvajal, Premio Nacional de Poesía.