Novedades de Juan Durán

12-04-2016

Música de J. Durán con ZOAR en Braga (Portugal): Exposición OUTROS VERBOS, NOVAS LEITURAS: VALLE-INCLÁN TRADUZIDO.

OUTROS VERBOS, NOVAS LEITURAS: VALLE-INCLÁN TRADUZIDO [1906-1936]

Organizado polo Consello da Cultura Galega

Martes, 12 de abril de 2016 ás 18:00 horas 

Museo Nogueira da Silva 

Av. Central, 61

4710 Braga

 

ACTUACIÓN MUSICAL DO GRUPO ZOAR

Interpretará as seguintes pezas, con arranxos do compositor Juan Durán 

Programa

Unha noite na eira do trigo, de Juan José Castro Chané sobre versos de Curros Enríquez

Negra sombra, de Juan Montes sobre versos de Rosalía de Castro

Maio Longo, de José Baldomir sobre versos de Rosalía de Castro

Rosa de abril, de Andrés Gaos sobre versos de Rosalía de Castro

http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/Valle-programa-Lisboa.pdf

 

23-03-2016

Editado en Rivera el Quinteto de Viento de J. Durán

La Editorial Rivera acaba de editar el Quinteto de Viento de J. Durán. La obra, dividida en tres movimientos y escrita para la formación de quinteto clásico, fue galardonada con el Premio de Composición en el XVI Concurso de Música de Cámara "Salvador Seguí" de Montserrat (Valencia).

http://www.riveramusica.com/esp/partituras/14/duran_juan_quinteto_viento_fl_ob_fg_cl_tpa

20-03-2016

Música de J. Durán na homenaxe a Luis Mera no Teatro Jofre

O 20 de marzo de 2016, no Teatro Jofre de Ferrol, terá lugar un acto de homenaxe a Luis Mera. Baixo o título de "Recuerdo a Luis Mera" terá lugar un recital poético e musical. Soará o arranxo para quinteto de metais de J. Durán sobre o coral de J. S. Bach "Jesus bleibet meine freude" que o compositor adicara a Luis Mera. Os intérpretes serán membros da Banda de Ferrol.

25-02-2016

Publicado en "Preludios Atlánticos" un artigo de J. Durán sobre o compositor Carlos López-García

J. Durán ven de publicar o artigo "O compositor Carlos López-García na miña lembranza" en "Preludios Atlánticos", publicación que dirixe Javier Ares Yebra. A edición contén tamén artigos de Maximino Zumalave e de Florian Vlashi.

21-02-2016

A saxofonista Eva Fernández e o pianista Xurxo Briones gravan en Mans o Concertino de J. Durán

O pasado sábado día 20 de febreiro, nos estudos de gravación Mans, tivo lugar o rexistro do Concertino para Saxofón e Piano de J. Durán. Eva Fernández ven de obter Mención de Honra nos Premios á Excelencia Musical que organiza a Fundación Paideia.

20-02-2016

O Cuarteto de Clarinetes Vert prepara para a estrea e gravación de O SEÑOR BISCUIT de J. Durán

O Cuarteto de Clarinetes Vert prepara para a estrea e gravación de O SEÑOR BISCUIT de J. Durán.

17-02-2016

J.Durán nos concertos do Dúo Brillance na Coruña e Allariz

O Dúo Brillance, integrado por Marcos Mariño, saxofón e Gabriel López, piano, interpretarán a Suite para saxofón e piano de J. Durán o próximo 17 de fereiro con Conservatorio Profesional de Música da Coruña, e o día 20 de febreiro en Allariz (Ourense).

https://www.facebook.com/duobrillance/?fref=ts

21-01-2016

O arranxo de Lela de J. Durán en "Concierto de piano Romántico: Soprano (Noemí Mazoy) y piano (Conchi Seijas Moreda)" hoxe en Poferrada.

O arranxo de Lela de J. Durán en "Concierto de piano Romántico: Soprano (Noemí Mazoy) y piano (Conchi Seijas Moreda)" hoxe en Poferrada. Teatrro Bergidum. 21 de xaneiro de 2016.

16-01-2016

As paisaxes sonoras de Antonio Agra (notas de J. Durán para SAMHAIN)

SAMHAIN, CD do vibrafonista Antonio Agra. Free Code, jazzrecords.

As paisaxes sonoras de Antonio Agra

Alguna noche de vino y hierbas fumables, con The Soft Machine o John Coltrane afelpando el aire de reconciliación y contacto, lean en voz alta los poemas de Salinas, dibujen en un oído cegado por la tinta de imprenta ese árbol de poesía que Rilke sintió en el canto de Orfeo. No sé la mejor manera de pagar una larga deuda y recibir a la vez mucho más, infinitamente mucho más de lo que damos". Esta cita de Julio Cortázar, mil veces repetida e que tanto me revolve os adentros dende hai xa tantos anos, véuseme á cabeza, como sempre me ocurre ante certo tipo de música, escoitando este Samhain de Antonio Agra. E, como Cortázar, síntome debedor deste agasallo para os ouvidos e para as emocións que aquí Antonio nos ofrece en forma de nove pezas para vibráfono so.

A segunda imaxe que cruza a miña mente, logo de escoitar esta selecta escolma de obras, é a poética. Esa poética que para Stravinsky é un “facer da orde”. Ordear o caos: iso fai o bo músico fronte á inagotable fonte de sons que constitúe a súa persoal paisaxe sonora á vez que o converte nun fluxo de emocións que nos posúen. Isto é o que consegue Antonio Agra con Samhain: transforma a súa proposta de nove formas sonoras en algo que podemos traducir en emocións. Velaí a verdadeira arte da interpretación musical.

Antonio Agra é un artista integral, tan inquieto pola súa permanente formación instrumentística como apaixoado degustador de todo tipo de músicas. Estas nove mostras da súa persoal selección así o testemuñan. Son pezas ben escollidas que dan resposta ao seu exquisito ideario estético. Son, pois, nove “xoiñas” que teñen o sabor da boa música e que se visten cos sedutores e íntimos sons do vibráfono: axeitado soporte sonoro para esta selección. Son, en suma, pezas fronteirizas entre un impresionismo sempre latente e ese regusto polo jazz de sempre, que é frescura e intensidade constante.

O perfeccionismo técnico levado ao extremo, o rigor interpretativo, a coidada execución das obras son calidades que é de xustiza sinalar e que agroman nesta gravación converténdoa nun valor seguro. Non en van, Antonio Agra é debedor de importantes experiencias que deixaron unha fonda pegada no seu facer profesional. Cando Antonio fala, por exemplo, do grande Mike Mainieri, de quen recibiu enseñanzas en NY,  ilumínanselle os ollos, consciente de ter estudado cos máis grandes, como tamén Mark Sherman, profesor da célebre Julliard, de quen aínda está a recibir clases. Pero é que Antonio xa non é un neno e ao longo destes corenta anos adicados tanto ao estudo como a desenvolverse profesionalmente como intérprete tivo ocasión de traballar coas principais orquestras sinfónicas galegas; residiu en Holanda para traballar os timbais sinfónicos con Nick Woud, percusionista da Royal Contcertgebouw Orchestra; pasou tempadas por Boston, Filadelfia e NY co obxecto de afondar na técnica do jazz e tivo o pracer de estrear en Galicia, no Pazo da Ópera, xunto á  BMC, o Concierto para Marimba de Alfred Reed.

Entre Over the rainbow e Available in blue, entre Walz for Debby e Tea for two, por citar algunhas, hai un abismo de ductilidades sonoras,  un océano de emocións fondas e contidas. Finalmente, a gravación, mimada por Antonio no seu propio estudo, ofrece unha toma sonora transparente, próxima e sen artificios. Só resta gozar este Samhain como se paladean as boas paisaxes sonoras, “afelpando el aire de reconciliación y contacto”, xunto aos versos dun Salinas ou á poética tan viva como intensa do benquerido Cortázar.

Juan Duran, compositor.

 

16-01-2016

Gravación en CD de FANFARRIAS XACOBEAS de J. Durán, transcripción de R. Collazo.

Gravación en CD da obertura FANFARRIAS XACOBEAS de J. Durán, en transcripción para banda de R. Collazo, pola Banda de Santa Cruz de Ribadulla, dirixida por Xosé Rodríguez Ramos.

21-12-2015

J. Durán no CD de Javier Otero "GALICIAN FOLK SONGS"

A "Fantasía sobre un tema popular" para piano de Juan Durán no novo CD do pianista estradense Javier Otero, baixo o título GALICIAN FOLK SONGS.

A presentación do CD será en A Estrada, o próximo 21 de decembro.

https://www.facebook.com/JavierOteroNeira/?fref=nf

30-11-2015

J. Durán: Estrea da obra sinfónico-coral PASEANDO POR MADRID

Juan Durán:Estreno de la obra sinfónico-coral PASEANDO POR MADRID

Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid

Camerata Infantil ORCAM-BBVA

Pequeños cantores de la JORCAM

Director: Víctor Pablo Pérez

Concierto extraordinario Fundación BBVA

Auditorio Nacional de Música (Sala Sinfónica), Madrid, 19.30 h., 30 de noviembre de 2015. 

http://www.auditorionacional.mcu.es/programacion/programacion_de_salas_search?finicio=2015/11/30&ffin=2015/11/30&month_prog:int=11&year_prog:int=2015