Un repoludo gaiteiro (canto y piano)

INFORMACIÓN

Año
1996
Orgánico
Voz y piano
Fecha de estreno
10-03-1997
Intérpretes

Carmen Durán, Ulrich Paetzholdt

Lugar
Bürgersaal, Hirschberg (Alemania).
Edición
  • Edición: VISO Editorial.
  • Grabación 1: Joaquín Pixán, Alejandro Zabala. CD "Cantares Gallegos", Fundación Barrié, 2013.
  • Grabación 2: Eliseu Mera, Cándido Cabaleiro. CD "Rosalía cantada". Fundación Rosalía de Castro. 2021
Otras interpretaciones
  • María José Ladra, Javier Vázquez Grela. Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. 10/05/2009.
  • Antón de Santiago, Margarita Viso. "A cantiga lírica galega". Salón de actos da Delegación da Consellería de Cultura en Ourense. 22/10/1999.
  • Joaquín Pixán, Alejandro Zabala. Centro Galego de Arte Contemporanea. 16/10/2013
  • Eliseu Mera, Harwa Takebe . Conservatorio Profesional de Música, A Coruña. 15/11/2013
  • Joaquín Pixán, Alejandro Zabala. Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Madrid. 7/3/2013.
  • Eliseu Mera, Juan Durán. CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Santiago de Compostela. 28/04/2017.
  • Gabriel Alonso, Duncan Gifford. Auditorio Afundación, A Coruña. 10/10/2019.
  • Pedro Martínez Tapia; Margarita Viso. II Festa da Música Galega. Teatro Colón. A Coruña. 3/11/2019.
  • Borja Quiza, Fernando L. Briones. Fundación Juan March. 11/03/2023; Fundación Calouste Gulbenkian. 12/03/2023.
Autor
Rosalía de Castro
Texto

Un repoludo gaiteiro
De pano sedán vestido
Como un principe cumprido
Cariñoso e falangueiro,
Antre os mozos o primeiro
E nas suidades sin par,
Tiña costume en cantar
Aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
As nenas hei de engañar.

Sempre pola vila entraba
Con aquel de señorío
Sempre con poxante brío
Co tambor se acompasaba;
E si na gaita sopraba,
Era tan doce soprar,
Que ben fixera en cantar
Aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
As nenas hei de engañar.

Todas por él reloucaban
Todas por el se morrían,
Si o teñan perto, sorrían
Si o tiñan lonxe, choraban.
¡Mal pocado!, non coidaban
que aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
As nenas hei de engañar.

Camiño da romería
Debaixo dunha figueira,
Canta meniña solteira
¡Quérote!, lle repetía...,
i él coa gaita respondía
por a todas emboucar
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
As nenas hei de engañar.

Elas louquiñas bailaban
E por xunta del corrían,
Cegas, cegas que non vían
As espiñas que as cercaban;
Probes pombiñas buscaban
A lus que as iba a quiemar,
Pois que él soupera cantar
Aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
As nenas hei de engañar.

¡Nas festas canto contento!
¡Canta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas
Déranlle o seu pensamento;
I él, que de amores sedento
Quixo a todas engañar,
Cando as veu dimpois chorar
Cantaba nas mañanciñas:
Non sexan elas toliñas
Non veñan ao meu tocar.

MULTIMEDIA

Vídeos:

Documentos: