UBEDIANA. Jimena Andión, violoncello. Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. 10/10/2019.
O ciclo de piano de Redondela está pensado de xeito distinto aos que se fan nos arredores. Este é un programa dedicado a grandes compositores da música galega, non sempre coñecidos nin debidamente recoñecidos polo público de Galicia. Por iso queremos dende Redondela que cada edición do ciclo de piano estea centrada en músicos de relevancia para a historia musical do noso pobo, que favorezan a súa divulgación (biográfica e musical) entre o público.
Neste sentido, a figura que inaugura esta primeira edición é Marcial del Adalid, un dos pioneiros na introdución do romanticismo musical en Galicia e no resto de España. Ademais, Adalid amosou un claro compromiso coa música tradicional galega e coas cantigas populares, como se observa en Cantares viejos y nuevos de Galicia (1877), que inclúe a musicalización de textos en lingua galega da súa compañeira, Fanny Garrido.
Ao día seguinte, venres 4 de outubro ás 19:30, Juan Durán impartirá unha conferencia na Casa da Cultura co título "Marcial del Adalid. O iniciado do sinfonismo galego". Juan Durán é premio da Cultura Galega, 2013; premio Reina Sofía de composición 2018; compositor con obras en galego interpretadas en todo o mundo; e un dos responsables da reconstrución e edición da ópera de Marcial del Adalid "Inés e Bianca".
O 25 de setembro terá lugar no Festival Música Sur de Motril, un concerto de voz e piano, a cargo do barítono Javier Povedano, acompañado ao piano por Juan Carlos Garbayo. Interpretarán catro cancións de Juan Durán con textos de Antonio Carvajal, Premio Nacional de Poesía.
Los textos del consagrado poeta Antonio Carvajal dan cuerpo a las 20 canciones que conforman este programa. Una celebración de la poesía en manos de los compositores Jesús Torres, Antón García Abril, Héctor Eliel Marquéz, Juan Durán y el puertorriqueño Roberto Sierra de quien escucharemos en primicia absoluta sus Variaciones de soledad y esperanza para soprano y trío con piano.
Jesús Torres (1965):
Dos poemas de Antonio Carvajal * (2016)
Con el agua dormida
Soneto de la herida
Antón García Abril (1933):
Siete canciones de amor (2010)
Oigo fuera la lluvia
Al calor de tus manos
Rumor de mar y viento
Si fueras un crisantemo
La luna carecía de luz propia
Pero me quedé sin ti
Cuando yo te busque por el alba
Juan Durán (1960)
Tres estampas granadinas (2017)
La ninfa en el jardín
El contrabando
El paseo de las doce
Dame, dame la noche al desnudo ++(2018)
Héctor Eliel Márquez (1979)
Repetiré en la noche (2006)
El loto (2001)
Dime (2010)
Si fueras un crisantemo (2006)
Roberto Sierra (1953)
Variaciones de soledad y esperanza * ++(2019)
No cabe soledad donde la aurora
Porque aun en la noche
Como me dio la esperanza
No te acerques
++ Estreno absoluto
Ana Gabriela Schwedhelm (soprano)
Manuel Gómez Ruiz (tenor)
Javier Povedano (barítono)
Trío Arbós:
Cecilia Bercovich (violín)
José Miguel Gómez (violonchelo)
Juan Carlos Garvayo (piano)
http://www.mariajosemontiel.com/
A gran mezzo-soprano María José Montiel, acompañado aol piano de Iván Martín, estreará o ciclo vocal TRÍPTICO ROSALIANO, con versos de Rosalía de Castro, que o compositor Juan Durán creou especialmente para a mezzosoprano madrileña.
O concerto será o 25 de setembro, dentro do Ciclo de Lied que organiza Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.
Alexandre Callego Medal sax
Gabriel López Rodriguez pianoforte
Terzo Premio al Concorso Internazionale di Musica da Camera "Salieri-Zinetti" 2016
Musiche di P.Creston, R.Muczynski, P.Swert, A.Wwaignein, J.Duràn
Sábado 20 de xullo. Conferencia
El compositor Juan Durán realizará un breve recorrido, ilustrando su conferencia con ejemplos musicales, por la música sinfónica gallega de los siglos XX y XXI. Obras y autores no muy conocidos por el público, pero esenciales para entender nuestra historia musical.
http://federacio.joventutsmusicals.cat/xarxa-de-musiques/compositor-de-la-xarxa/
http://federacio.joventutsmusicals.cat/xarxa-de-musiques/compositor-de-la-xarxa/
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, presentaron hoxe en rolda de prensa a nova edición do programa No Bico un Cantar, que nesta sétima edición estará centrada na tradición musical da Raia, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Na presentación participaron tamén o director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo; o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín; e o coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave.
Carmen Pomar explicou que nesta edición, baixo o título Nenas e nenos cantan na Raia, o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño.
Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación: Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño (Ferrol), Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes (Lugo), Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra), Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Teñen tamén confirmada a súa presenza o Conservatorio Elemental de Música da Guarda, a Escola de Música Municipal de Mondariz, o Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo e a Escola de Música Municipal Vila do Corpus (ambos de Ponteareas), a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, a Escola de Música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas, o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música Municipal de Tui; e están convidados centros do Porriño e outros de Ponteareas.
O programa musical estará composto por San Campio (de Torres Creo), Veira do mar (de Reveriano Soutullo) e Oh rama, oh que linda rama (canción popular portuguesa). Ademais estrearase No rego do prado, creada polo compositor Alexis Rozas Losada para a ocasión, e rematarase, como é habitual, con Maio longo (de José Baldomir). Maximino Zumalave dirixirá o concerto, para o que o compositor Juan Durán realizou os arranxos musicais para coro de nenos. O alumnado, aproximadamente 500 rapazas e rapaces, será o encargado da interpretación vocal, acompañado polos metais de Hércules Brass.
O luns 3 de xuño ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Sinfonismo galego dos séculos XX e XXI”, que estará impartida por Juan Durán, Compositor, Premio Reina Sofía de Composición.
O compositor Juan Durán fará un breve percorrido, ilustrando a súa conferencia con exemplos musicais, pola música sinfónica galega dos séculos XX e XXI. Obras e autores non moi coñecidos do público pero esenciais para entender a nosa historia musical.
http://www.ateneodesantiago.com/?p=14332
Dentro das XII Xornadas de Teoría e Composición que organiza o Conservatorio Superior de Música Joaquín Rodrigo de Valencia, o día 16 de abril terá lugar unha conferencia a cargo de Juan Durán.
O pianista Pablo Galdo interpreta o Intermedio nº 2 "El valle de la inquietud" de Juan Durán en China. Unha xira de seis concertos en ciudades como Pekín, Shangai o Chengdu dende o 31 de marzo ata o13 de abril.