La soprano Haga Miho y al piano Ogura Kazimi interpretan música de Juan Durán, sobre poemas de Ramón Cabanillas. Sala Masaka de Yokohama (Japón), 22 de marzo de 2020.
O dúo formado por Fernando Raña, frauta, e Rasa Biveiniene, interpretarán a Sonata Leviatán de Juan Durán o 13 de febreiro de 2020 en Art Base, Bruselas.
J. Durán: Dos canciones sobre poemas de Salvador Espriu [Estrena absoluta. Obra encàrrec de la Fundació de Música Ferrer-Salat i JM Catalunya]
Lloc: Aula Magna Escola Municipal de Música - Plaça Victòria dels Àngels - Sant Cugat del Vallès
Transcrición para Banda Sinfónica de Javier Viceiro. Banda Municipal da Coruña. Dir.: Javier Viceiro. Pazo da Ópera da Coruña. 14/11/2019.
O día 9 de novembro, no Auditorio de Las Rozas (Madrid), dentro do Concruso Internacional Compositores de España, terá lugar a estrea de FANTASÍA SOBRE UN TEMA DE GARCÍA ABRIL do compositor Juan Durán, que será estreada polo pianista Bruno Francesco Leone.
O Concurso Internacional de Piano Compositores de España estará dedicado na súa edición de 2019 a Juan Durán. Trátase dun concurso musical dirixido a pianistas de música clásica de todo o mundo. Se celebra cada año no mes de novembro e ten como sede o auditorio "Joaquín Rodrigo" de Las Rozas (Madrid). Cada edición toma o nome do compositor español homenaxeado e se ofrecen diversos concertos nos que se programan as obras da súa producción pianística.
https://es.wikipedia.org/wiki/Concurso_Internacional_de_Piano_Compositores_de_Espa%C3%B1a
O 1 de novembro de 2019, a Orquestra Sinfónica de Tenerife, dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpreta CERVANTINA de Juan Durán, no Auditorio de Tenerife, nun programa que inclúe música de Elgar e Shostakovich.
https://www.sinfonicadegalicia.com/es/concierto/365/abono-02---19-20/
Abono 02 - 19-20Abono Viernes
AÑO GAOS 2019
ANDRÉS GAOS
Impresión nocturna
JUAN DURÁN
Cervantina
ANDRÉS GAOS
Sinfonía nº 2, En las montañas de Galicia
VÍCTOR PABLO PÉREZ, director
Dentro do proxecto artístico Sonoro empeño, chegan a Vigo o xoves 17 de outubro a Hércules Brass. Quinteto de metais para ofrecer un concerto en homenaxe ao pintor Rafael Úbeda, do que tamén podemos gozar a través da súa obra na mostra «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación». Será na Sede Afundación de Vigo.
PROGRAMA
Promenade para unha exposición de Rafael Úbeda, Juan Durán
Distorsións Ubedianas, Rogelio Groba
Juegos tímbricos, Juan Durán
Toccata e fuga en Re menor, Johann Sebastian Bach
O repertorio escollido para a intervención musical da Hércules Brass é unha homenaxe a Rafael Úbeda. Facer resoar a música inspirada no seu catálogo pictórico na sala de exposicións é unha experiencia extraordinaria para os sentidos. Tras seren os encargados de estrear en Ponteareas a obra Distorsións Ubedianas de Roxelio Groba, Úbeda e Hércules Brass trazan firmes lazos de amizade.
Para esta ocasión deciden somerxerse na música para vento metais que soa baixo a inspiración do pintor. Úbeda convídaos a comezar co Promenade para unha exposición de Rafael Úbeda de Juan Durán que xoga co espazo e o tempo; a desfrutar das tres imaxes musicais, Impetuosas, No espello e Fulgurantes, proxectadas por Groba no quinteto de metais, e a recrearse en Juegos tímbricos, de Durán, escrita no 1994 para a inauguración dunha exposición do artista pontevedrés, unha peza nun só movemento cunha clara inspiración pictórica a través dun discurso colorista e tímbrico que vai dende a transparencia á espesura, da tensión a distensión, a partir dunha célula xeneratriz composta, a maneira de acróstico, sobre as notas Si, Re, La, extraídas do apelido do pintor.
Probablemente da música aprendeu e segue a plasmar Rafael Úbeda nos seus cadros algo que é definitivo na súa pintura: a composición. Tamén poderiamos falar da súa persoal noción da cor, que é outro concepto musical, como a harmonía. No fondo, música e pintura falan a mesma linguaxe, aínda que os seus recursos expresivos sexan diferentes.
Xerardo Estévez
https://ocio.farodevigo.es/agenda/pontevedra/conciertos/vigo/eve-1193283-hercules-brass.html
O libro Os sons do pobo, do historiador Eloi Rodríguez Carbia, presentado esta tarde-noite no auditorio municipal de Padrón, rescata a historia das bandas de música nas Terras de Iria, dende a máis antiga da que se ten constancia, a dos Silleiro en 1857, ata a actualidade. A publicación foi cedida polo autor ao Concello de Padrón, que a editou en colaboración coa Deputación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.
Xunto co autor, no acto estiveron o seu compañeiro de traballo e compositor Juan Durán; o alcalde Antonio Fernández e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Durán, Premio da Crítica Galicia e gañador do Premio Reina Sofía de Composición Musical, falou do libro como dun "traballo serio e riguroso, como adoita a facer sempre Eloi, e vinculado a Padrón", dixo. O rexedor asegurou que, dende o primeiro momento, o proxecto que lles plantexou o autor ao Concello lles pareceu "interesante" xa que supón recuperar o patrimonio musical, pero tamén cultural, da vila e de Lestrobe e tamén de Galicia. Antonio Fernández engadiu que é obriga do Concello "darlle difusión e poñelo en valor".
Uxía López